labirinto
lat labyrinthu gr λαβύρινθος
-
-
s
Circuíto con camiños intrincados que, unha vez dentro, fan difícil atopar a saída.
-
s
[MIT ]
Composición arquitectónica ou xardín de complicada estrutura e con difícil ou imposible saída.
-
s
-
s
m
Cousa confusa e enleada.
-
s
m
Conxunto de estruturas que constitúen a orella interna e que consta dun compoñente óseo escavado no óso temporal (labirinto óseo) e dun compoñente membranoso (labirinto membranoso), cheo da endolinfa e separado das estruturas óseas pola perilinfa.
-
s
m
[FÍS/TECNOL ]
Xunta de estanquidade para fluídos, que se emprega para unir órganos fixos e móbiles. Está provista dunha serie de paredes e compartimentos que producen unha forte caída de presión.
-
s
m
[ARQUEOL/PREHIST ]
Gravado formado por liñas complexas con finalidade simbólica.
-
s
m
[ARTE ]
Motivo decorativo formado por liñas en ángulos rectos ou en espirais, semellantes aos meandros, pero cun desenvolvemento radial.
-
s
m
[ARTE ]
Lousa de carácter decorativo que se colocaba no cruceiro dalgunhas igrexas medievais.