kiwi

kiwi
Plural: kiwis
  1. s m
    1. Planta trepadora caudifolia, que presenta un sistema radicular potente, follas pecioladas de tamaño variable segundo o sexo e a idade da planta, flores de cor abrancazada dispostos en inflorescencias e froito en baga ovoida, de cor marrón, pilosa e con polpa de cor verde. Son plantas hermafroditas en constitución pero dioicas funcionalmente.

    2. Froito desta planta.

  2. s m [ANIMAL/ORNIT ]

    Aves, da familia dos apterixidos, que pertence ao xéneo Apteryx que presenta o corpo robusto, patas curtas con tres dedas e un pico moi longo e delgado, lixeiramente curvado cara a abaixo e na punta do que se abren as fosas nasais.

Palabras veciñas

kit* kitasato* kitsch* kiwi kiwiño kl kleenex*