irradiación

irradiación

lat irradiatĭone

Plural: irradiacións
  1. s f
    1. [FÍS ]

      Exposición dun corpo á acción das radiacións ionizantes.

    2. [ALIM ]

      Tratamento de esterilización dos alimentos mediante radiacións ionizantes (raios gamma e electróns acelerados) para evitar alteracións dos alimentos.

    3. [MED ]

      Aplicación de certos raios como forma terapéutica ou diagnóstica.

  2. s f [ZOOL ]

    Disposición anatómica de nervios ou vasos que saen dun centro común.

  3. s f [LING ]

    Fenómeno semántico polo que o nome dun obxecto pasa a denominar outros obxectos que teñen algún trazo común co primeiro.

  4. s f [PAT ]

    Dispersión dun impulso nervioso ou dunha dor fóra da súa vía ordinaria.