iodo

iodo
Plural: iodos
  1. s m [QUÍM ]

    Elemento non metálico que pertence á familia dos halóxenos e se sitúa no grupo VII B da táboa periódica. É un sólido cristalino de cor gris escura, con brillo metálico e o seu vapor é dunha cor violácea. No corpo humano é absorbido polo tubo dixestivo e almacenado na tiroide, no seo da tiroglobulina, onde efectúa a iodación da tiroxina en iodoiroxina. Emprégase como reactivo volumétrico, como desinfectante e xermicida, na produción de chuvia artificial e na fotografía.

  2. índice de iodo [QUÍM ]

    Porcentaxe de peso de halóxeno, calculado como iodo, que se absorbe por unha graxa nunhas condicións determinadas.

  3. tintura de iodo [QUÍM ]

    Solución de iodo en alcohol, que se emprega como desinfectante.