inundación

inundación

lat inundatĭōne

Plural: inundacións
  1. s f

    Acción e efecto de inundar ou inundarse.

  2. s f [XEOG ]

    Desbordamento dun curso fluvial fóra do seu cauce normal causado por un incremento do seu caudal superior á súa capacidade.

Refráns

  • Cando o río non fai roído ou non leva auga ou vai moi crecido.
  • Cando os regos teñen chea, nunca limpa a auga levan.