intestino -na

intestino -na
Plural: intestinos Masculino: intestino Masculino plural: intestinos Feminino: intestina Feminino plural: intestinas
  1. adx

    Aplícase ao que ocorre no interior, especialmente nun corpo social, civil ou doméstico.

    1. s [ANAT ]

      Conduto que forma parte do tubo dixestivo e que vai desde a rexión gástrica ata o ano.

    2. intestino cular [ANAT ]

      recto.

    3. intestino delgado [ANAT ]

      Parte do intestino dos vertebrados, que ten unha función secretora e de absorción e ao que van parar os xugos pancreático, biliar e do mesmo intestino.

    4. intestino groso [ANAT ]

      Parte do intestino dos vertebrados que ten unha función defecadora e de reabsorción de auga.

    5. intestino primeiro [ANAT ]

      duodeno.

  2. s m [ANIMAL ]

    Urocordado, da orde dos flebobranquiados, de corpo cilíndrico, verdoso, esbrancuxado e arrubiado, que acada ata 20 cm.

  3. intestino xirado [PAT ]

    Nome popular da enfermidade do miserere ou oclusión intestinal.