interventor -ra
interventor -ra
lat interventōre
-
adx
Relativo ou pertencente á intervención.
-
adx
Que intervén.
-
s
-
Persoa designada para intervir unha cousa.
-
Persoa que se encarga de controlar a validez dos billetes dos pasaxeiros en certos transportes públicos, especialmente o tren.
-
[ECON ]
Persoa que dentro dunha empresa ou entidade garante a lexitimidade das operacións internas.
-
[POLÍT ]
Persoa designada por un partido ou unha coalición para supervisar a regularidade dunha votación nunhas eleccións e dar validez ao seu resultado en unión da mesa electoral.
-
-
s
Persoa nomeada xudicialmente para controlar determinadas accións dunha parte.