interpretación

interpretación

interpretatĭōne

Plural: interpretacións
  1. s f

    Acción e efecto de interpretar.

  2. s f [LIT/FILOS/RELIX ]

    Arte de entender ou declarar o contido ou sentido dun escrito, un discurso ou unha obra de arte, que presenta un sentido escuro ou que ofrece dúbidas. Denomínase hermenéutica a interpretación dos textos filosóficos e esexese a interpretación bíblica.

  3. s f [ESPECT ]

    Arte e técnica de representar ou encarnar un personaxe dunha obra escénica, cinematográfica, radiofónica ou televisiva.

  4. interpretación das leis [DER ]

    Acción de interpretar o sentido das normas xurídicas na súa aplicación a un caso concreto.