intermedio -dia
intermedio -dia
lat intermedĭu
-
adx
Que está entre dous termos.
-
adx
[LING ]
Aplícase, segundo a terminoloxía anglosaxona, ao son vocálico que se sitúa entre as palatais e as velares.
-
s
m
Espazo de tempo entre dúas partes dunha actividade para realizar un descanso.
-
composto intermedio
[QUÍM ]
Composto formado polos reactivos durante un proceso químico, como paso necesario para obter os produtos finais da reacción.
Citas
- No intermedio do partido foron ao baño, No intermedio da película botan publicidade