integración

integración

lat integratĭōne

Plural: integracións
  1. s f

    Acción e efecto de integrar ou integrarse.

  2. s f [MAT ]

    Cálculo dunha integral.

  3. s f [DER ]

    Actividade realizada na aplicación do dereito que ten por obxecto cubrir as eivas na regulación dun suposto de feito concreto e determinado, mediante o recurso a elementos do mesmo sistema xurídico ou consuetudinario.

  4. s f [FÍS ]

    Disposición dos diversos compoñentes e dispositivos electrónicos nun circuíto integrado, de xeito que nun espazo moi reducido pode ser disposto un número moi elevado de elementos.

    1. s

      Conxunto de operación de fusión e de absorción de empresas.

    2. integración económica

      Proceso polo que varios mercados se unen para crear un só, a través do incremento das súas relacións comerciais e do establecemento de medidas de política económica comúns.

  5. s f
    1. Conxunto de relacións que dan a cada individuo a conciencia da súa identificación co grupo e da súa participación dentro do conxunto social cohesionado.

    2. Proceso polo que unha sociedade asimila os elementos heteroxéneos.

  6. integración fotoeléctrica [COMUN ]

    Fenómeno que ten lugar no mosaico dos tubos analizadores, segundo o que cada célula elemental se carga, durante a emisión dunha imaxe completa, grazas á emisión fotoeléctrica que se produce pola luz incidente.