insolación

insolación

lat insolatĭōne ‘exposición ó sol’

Plural: insolacións
  1. s f

    Exposición prolongada aos raios do sol.

    1. s

      Intervalo de tempo no que brilla o sol.

    2. insolación relativa

      Relación entre o número de horas que brilla o sol, nun período de tempo determinado, e o número de horas que o sol está sobre o horizonte no mesmo período.

  2. s f [PAT ]

    Enfermidade que consiste nunha gran febre, cefaleas, vertixes, delirios e coma, causada por unha exposición excesiva aos raios do sol.