inserción

inserción

lat insertĭōne

Plural: insercións
  1. s f

    Acción e efecto de inserir.

  2. s f

    Punto no que unha cousa se insire noutra.

  3. s f [ZOOL ]

    Adherencia íntima dun músculo, dun tendón ou dun ligamento a outra estrutura, xeralmente un óso.

Citas

  • A inserción do seu nome na candidatura non gustou moito no partido
  • Hai que cortar a póla xusto na inserción