inquisición

inquisición

lat inquisitiōne

Plural: inquisicións
  1. s f

    Acción e efecto de inquirir.

  2. s f [RELIX/HIST ]

    Institución xudicial, tamén chamada Santo Oficio, creada polo papado na Baixa Idade Media para perseguir a herexía, e que consistía nun tribunal, integrado por teólogos das ordes mendicantes, que inquiría ou averiguaba se existía delito de herexía. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.