inocente

inocente
Plural: inocentes
  1. adx

    Que non ten culpa na comisión dun delito. Tm s.

  2. adx
    1. Que non ten malicia nin ruindade.

    2. Que se fai sen malicia. Tm s.

  3. adx

    Que non produce dano.

  4. día dos santos Inocentes [RELIX/HIST ]

    Festa que se celebra o 28 de decembro para conmemorar a morte dos nenos de Belén que, segundo o Evanxeo de san Mateo, ordenou Herodes, para desfacerse do seu futuro rival, Xesús Cristo, ao ser burlado polos magos. A partir da tradición dalgúns mosteiros e catedrais medievais, que lle daban o poder a un neno ese día, deriva o costume de realizar bromas nesa data.