iniciar

iniciar

lat initiāre

  1. v t

    Dar inicio ou comezo a algo.

  2. v t

    Ensinar ou proporcionar a alguén os primeiros coñecementos ou experiencias de algo.

  3. v t

    Admitir a alguén nunha sociedade ou comunidade relixiosa mediante os rituais de iniciación.

  4. v pron

    Ter inicio algo.

  5. v pron

    Ter os primeiros coñecementos ou experiencias de algo.

  6. v pron [INFORM ]

    Realizar as operacións propias de cando se pon en marcha un sistema ou cando comeza a execución dun programa.

Sinónimos

Citas

  • Foi seu pai quen a iniciou no estudio dos paxaros
  • Inician a xornada laboral ás oito da mañá, Iniciaron unha campaña contra a violencia de xénero
  • Xa de moi nova se iniciou na lectura dos clásicos, Hai pouco que se iniciou no vicio do tabaco
  • Xa se iniciou a temporada de pesca, O lume iniciouse nun enchufe da sala

Formas incorrectas

entablar (unha acción)
Conxugar
VERBO iniciar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
inicio
inicias
inicia
iniciamos
iniciades
inician
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
iniciaba
iniciabas
iniciaba
iniciabamos
iniciabades
iniciaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
iniciei
iniciaches
iniciou
iniciamos
iniciastes
iniciaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
iniciara
iniciaras
iniciara
iniciaramos
iniciarades
iniciaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
iniciarei
iniciarás
iniciará
iniciaremos
iniciaredes
iniciarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
iniciaría
iniciarías
iniciaría
iniciariamos
iniciariades
iniciarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
inicie
inicies
inicie
iniciemos
iniciedes
inicien
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
iniciase
iniciases
iniciase
iniciasemos
iniciasedes
iniciasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
iniciar
iniciares
iniciar
iniciarmos
iniciardes
iniciaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
inicia
-
-
iniciade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
iniciar
iniciares
iniciar
iniciarmos
iniciardes
iniciaren
Xerundio iniciando
Participio iniciado
iniciada
iniciados
iniciadas