inferno

inferno

lat infĕrnu

Plural: infernos
  1. s m
    1. Lugar do alén, contrario ao ceo, dedicado ao castigo das ánimas dos pecadores.

    2. Lugar onde habitan os mortos, segundo algunha relixión primitiva, concepción que xurdiu do culto aos mortos e da convición de que os antepasados non deixan de manter unha relación co mundo dos vivos.

  2. s m
    1. Situación ou cousa que ocasiona moito sufrimento, penalidade ou incomodidade.

    2. Sufrimento que este inferno produce.

Citas

  • O inferno comezou cando lle deixaron de pagar
  • Traballar naquel lugar era un inferno

Refráns

  • Bo é ter un amigo, inda que sexa no inferno.