infancia

infancia

lat infantĭa

Plural: infancias
  1. s f

    Período da vida que comprende desde o nacemento ata a adolescencia e que á súa vez se divide en dúas etapas separadas pola aparición dos segundos dentes.

  2. s f

    Conxunto dos nenos.

  3. s f [DER ]

    Período da vida que comprende desde o nacemento ata a adolescencia suxeito a uns dereitos especiais, recollidos na Declaración Internacional dos Dereitos do Neno.

Citas

  • A infancia dunha lingua literaria, A infancia dunha civilización
  • Organizouse a festa para a infancia