inercia
inercia
lat inertĭa
-
-
s
[FÍS ]
Resistencia que presentan os corpos a modificar o seu estado de repouso ou de movemento.
-
momento de inercia
[FÍS ]
Resistencia do corpo a modificar a súa velocidade de rotación no seu movemento arredor dun eixe determinado. É o cociente entre o momento resultante das forzas e a aceleración angular.
-
navegación por inercia [INS] /
[AERON/MAR ]
Sistema de navegación que se basea na medida das forzas de inercia inducidas polo movemento do vehículo.
-
s
[FÍS ]
-
s
f
-
Tendencia a facer ou dicir algo por costume ou por imitación.
-
Falta de enerxía, de axilidade ou de capacidade de reacción fronte a un problema, un obstáculo ou algo que se debe facer.
-
-
s
f
[PAT ]
Falta de actividade dun órgano, un sistema ou un corpo.
Citas
- Cando un can ouvea os outros fan o mesmo por inercia
- Os operarios deben saír da inercia e mobilizarse