indución

indución
Plural: inducións
  1. s f

    Acción e efecto de inducir.

  2. s f [DER ]

    Delito que consiste en inducir a unha persoa a cometer unha acción delitiva.

  3. s f [FISIOL ]

    Iniciación dun proceso fisiolóxico determinada por un estímulo.

  4. s f [FILOS ]

    Razoamento co que se remonta desde o coñece­mento dos fenómenos, feitos ou casos ao principio xeral que os contén ou que se efectúa en todos eles.

    1. s

      Proceso que orienta a diferenciación das células embrionarias e controla a forma definitiva do embrión a partir dun centro organizador.

    2. indución asimiladora

      Indución que actúa sobre un tecido non diferenciado, e que se dá nos enxertos artificiais.

    3. indución somática

      Indución que actúa sobre as células xerminais.

  5. s f [MAT ]

    Método para demostrar a validez dunha sucesión numerable de proposicións P 1 , P 2 ,…, P n ,... que consiste en demostrar a proposición P 1 e que a validez de P n implica a validez de P n+1 . OBS: Tamén se denomina método de indución complexa ou método de recorrencia.

  6. s f [MED ]

    Período transcorrido entre a inhalación ou a inxección dun anestésico e o momento en que se acada o nivel óptimo de anestesia.

    1. indución electromagnética

      Produción dunha forza electromotriz nun circuíto pechado percorrido por un fluxo magnético variable, ou nun elemento dun circuíto móbil que corta un fluxo magnético.

    2. indución mutua

      Produción dunha forza electromotriz nun circuíto a causa das variacións da corrente que circula por un circuíto próximo.

    3. indución propia

      autoindución.

  7. indución eléctrica [FÍS ]

    desprazamento eléctrico.

  8. indución electrostática [FÍS ]

    Fenómeno que consiste na modificación da distribución da carga eléctrica dun corpo neutro por acción dun campo eléctrico, de xeito que certas zonas do corpo queden electrizadas, sen variar a súa carga total.

  9. indución encimática [BIOQ ]

    Mecanismo de estimulación da síntese dun determinado encima por un substrato, a partir dos aminoácidos.

  10. indución magnética [FÍS ]

    ector que cumpre que a forza producida por un campo magnético sobre un elemento de corrente é igual ao produto vectorial deste elemento por dito vector. Defínese como o cociente entre o fluxo magnético e a superficie percorrida por el. A unidade de medida no SI é o tesla. OBS: Tamén se denomina densidade de fluxo magnético.

Formas incorrectas

inducción