individuo -dua

individuo -dua

lat individŭu

Plural: individuos Masculino: individuo Masculino plural: individuos Feminino: individua Feminino plural: individuas
  1. s

    Persoa da que non se sabe ou non se quere dicir o seu nome.

  2. s m

    Cada ser organizado e independente, sexa vexetal ou animal, respecto á especie á que pertence.

  3. s m

    Membro que pertence a unha clase ou corporación.

  4. s m

    Persoa considerada illadamente e como elemento irredutible respecto ao grupo ou comunidade.

Confrontacións

nacho

Citas

  • Deu a conferencia un individuo da Real Academia
  • Entrou unha individua que non coñeciamos, A ese individuo nin o menciones