individualismo

individualismo

individual

Plural: individualismos
  1. s m

    Tendencia e actitude que consiste en pensar e actuar con independencia dos demais sen asumir as propias obrigas sociais ou de solidariedade.

  2. s m [FILOS ]

    Doutrina ou teoría segundo a que o individuo é o patrón básico da realidade e o fundamento de todo valor ou norma.

Refráns

  • Amigo por amigo, o meu pan e o meu viño.
  • Cada louco, seu sendeiro.
  • Cada un busca o pan do seu mastigo.
  • Cada un na súa casa e Deus na de todos.
  • Cada un para si e Deus para todos.
  • Cada un por sí vale por dous.
  • Cada un procura o que lle importa.
  • Cada un vai ao seu avío e eu só do meu me fío.
  • Cando fores ao concello, acorda no teu e deixa o alleo.
  • Chorar a boca pechada, para que non o saiban os que non lIes importa nada.
  • Come, durme e engorda e, se te chaman, faite a xorda.
  • FaJar coma todos e sentir coma poucos.
  • No tempo dos figos non hai amigos.
  • Non hai cousa máis boa que estarse un na súa choza.
  • Parentes e trastes vellos, mellor é non velos.
  • Se a barca está rota, sálvese que n poida.
  • Sempre a cabra tira ao monte.
  • Todos varren para si, por iso eu varro para mino.