íncubo

íncubo

lat incŭbu

Plural: íncubos
s m [MIT ]

Xenio do folclore romano. Críase que viña durante a noite, sentaba no peito dos durmintes e provocaba pesadelos. Adoitaba levar un gorro cónico, que perdía nas trasnadas. Quen atopaba un dos chapeus adquiría o don de descubrir tesouros ocultos.