incendio

incendio

lat incendĭu

Plural: incendios
  1. s m [ECOL/TECNOL ]

    Lume violento, non controlado e de efectos destrutivos, que se caracteriza por elevacións de temperatura anormalmente rápidas, propagacións anárquicas do lume e emisións masivas de gases tóxicos.

  2. incendio forestal [ECOL ]

    Lume incontrolado que afecta ao monte e que ten repercusións graves para o desenvolvemento biótico, xa que desmantelan a cobertura vexetal, producen alteracións no equilibrio edáfico e afecta á fauna, ben por mortalidade directa ou por destrución do seu hábitat.