impunidade

impunidade

lat impunĭtāte

Plural: impunidades
  1. s f

    Feito de quedar algo sen castigo.

  2. s f [DER ]

    Ausencia de responsabilidade fronte á lei, e que é de dereito cando concorren amnistía, perdón ou prescrición, e é de feito cando se elude a acción da xustiza por falta de elementos probatorios da culpabilidade suficientes.

Citas

  • Roubaban con total impunidade ata que foron detidos