imperio

imperio

lat imperĭu

Plural: imperios
  1. s m

    Feito de imperar.

  2. s m

    Influencia para dominar ou facer que obedezan.

  3. s m
    1. Dignidade de emperador.

    2. Espazo de tempo que dura o goberno dun ou máis emperadores.

  4. s m

    Autoridade superior e suprema en consideración ao estado que o encarna, que equivale á soberanía.

  5. s m
    1. Estado ou estados sometidos a un emperador.

    2. Conxunto de países sometidos a unha persoa ou a outro país.

  6. s m

    Empresa ou conxunto de empresas con gran poder e de grandes proporcións.