imperativo -va

imperativo -va
Plural: imperativos Masculino: imperativo Masculino plural: imperativos Feminino: imperativa Feminino plural: imperativas
  1. adx
    1. Que contén ou denota algún mandamento ou orde.

    2. Que non pode ser evadido ou evitado.

    3. [LING ]

      Aplícase ao modo verbal que expresa unha orde dada a un ou máis interlocutores, nas oracións afirmativas, ou ben unha prohibición, nas oracións negativas. Tm s m.

    1. s

      Mandato ou obriga impostos.

    2. s [FILOS ]

      Forma en que se expresan os mandamentos éticos.

    3. imperativo categórico [FILOS ]

      Imperativo, que a diferenza do hipotético, non está condicionado polo fin e establece que a máxima dunha acción pode converterse nunha lei universal da natureza.