impacto

impacto

lat tardío impactu

Plural: impactos
  1. s m
    1. Choque dun proxectil ou doutro corpo en movemento contra algo.

    2. Sinal que deixa este choque.

  2. s m

    Impresión moi intensa causada por alguén ou por algo.

  3. s m [MED ]

    impacción.

  4. s m

    Consecuencia ou repercusión que causa algo.

  5. s m

    Repercusión de calquera actividade humana no medio natural ou na paisaxe.

Citas

  • A triste noticia causoulle un grande impacto
  • Aínda falta ver o impacto que causará a noticia
  • Ó agacharse evitou o impacto da bala
  • O cadáver presenta catro impactos de bala