iguana
iguana
voz araucana
s
f
[ANIMAL ]
Réptil da familia dos iguánidos, de lingua grosa e inmóbil, pálpebras móbiles, dentes inseridos na cara interna das enxivas e cola longa e resistente. Posúe espiñas correúdas que van desde o pescozo ata a cola e garganta con saco dilatable. Inclúe distintas especies que están adaptadas a diferentes hábitats e tipos de alimentación.