ictus

ictus

lat ictu ‘golpe’

Plural: ictuses
  1. s m
    1. Acento principal inicial e final dunha frase musical.

    2. Mínimo acento rítmico ou impulso melódico da liña vocal, no canto gregoriano.

    1. s

      Manifestación morbosa súpeta ou ataque.

    2. ictus apoplético

      apoplexía.

    3. ictus cardíaco

      Ictus acompañado de pulsacións que levantan visiblemente a rexión precordial.

    4. ictus meninxítico

      Ictus que se caracteriza pola contracción dos músculos da caluga, con acompañamento de cefalalxia, excitación, vómitos e sensibilidade do cranio á presión, a causa dunha hemorraxia imputable xeralmente á ruptura dun aneurisma cerebral.

Palabras veciñas

ictiopterixio ictiosauro -ra ictiose ictus id* ida idade