hospitalario -ria

hospitalario -ria

hospital

Plural: hospitalarios Masculino: hospitalario Masculino plural: hospitalarios Feminino: hospitalaria Feminino plural: hospitalarias
  1. adx
    1. Aplícase á persoa que acolle a outra na súa casa con amabilidade e hospitalidade.

    2. Que demostra hospitalidade.

    3. Aplícase ao lugar que é acolledor.

  2. adx

    Relativo ou pertencente ao hospital.

  3. adx

    Aplícase á institución que ten como principal obxectivo ofrecer albergue.

  4. hospitalaria do Sagrado Corazón [RELIX ]

    Membro da congregación feminina fundada en 1881 por B. Menni.

  5. hospitalario de San Xoán de Deus [RELIX ]

    Membro da orde dos Irmáns de San Xoán de Deus.

Citas

  • É aquel un val de clima benigno e hospitalario
  • É unha zona de xente amable e hospitalaria
  • Os empregados do hotel foron moi hospitalarios