hixiene
fr hygiène
-
s
f
[MED ]
Ciencia que estuda as condicións e os factores persoais ou ambientais que inflúen na saúde física e mental e que favorecen a aparición e a difusión das enfermidades.
-
s
f
Conxunto de normas que tratan da limpeza e do aseo da persoa e dos lugares públicos.
-
s
f
Conxunto de condicións que teñen por obxecto garantir as necesarias calidades sanitarias dos alimentos para que sigan sendo nutritivos, limpos e exentos de axentes nocivos.
-
hixiene escolar
[MED/EDUC ]
Parte da medicina preventiva que se preocupa da protección e mellora da saúde dos nenos en idade escolar e que favorece a educación global.
-
hixiene mental
[MED/PSIC ]
Póla da actividade médico-psicolóxica que se propón manter a saúde mental da poboación e previr a aparición ou agravamento dos problemas psíquicos.
-
hixiene pública
[MED ]
Hixiene na aplicación da que intervén a autoridade ditando as normas oportunas en cada caso.
-
hixiene sexual
[MED ]
Parte especializada da hixiene que trata do sexo, da conduta, da educación e das relacións sexuais.
Citas
- Usa xabón na súa hixiene diaria, Nese local preocúpanse pola hixiene
Refráns
- Tres cousas sempre frías están: lomedro de home, cu de muller e fuciño de can.