hirundínido

hirundínido
Plural: hirundínidos
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos hirundínidos.

  2. s m [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave da familia dos hirundínidos.

  3. s m pl [ANIMAL/ORNIT ]

    Familia de aves, da orde dos paseriformes, que teñen o corpo delgado, a cabeza aplanada e ampla, o pico curto, amplo e aguzado, o pescozo curto, as ás largas e aguzadas, as patas febles e curtas, e a cola en forma de forcado. Son gregarios, insectívoros e só paran en terra para recoller material para construír o niño.

Palabras veciñas

hirsutismo hirsuto -ta hirudíneo -a hirundínido hisopada hisopar hisopo