hibernación

hibernación

lat hibernatĭōne

Plural: hibernacións
    1. s [ZOOL ]

      Conxunto de fenómenos biolóxicos provocados polo inverno na maior parte dos homotermos e nalgúns poiquilotermos, que lles serven para resistir o medio máis desfavorable.

    2. s

      Período de inactividade, inercia ou improdutividade.

  1. s f [ALIM ]

    Procedemento aplicado aos aceites comestibles consistente nun arrefriamento e unha posterior decantación do aceite líquido que sobrenada, para separalo das estearinas insolubilizadas.

  2. hibernación artificial [PAT ]

    Diminución dos procesos metabólicos celulares mediante drogas antihistamínicas, adreno-vagolíticas e refrixeración orgánica por medios físicos.

Palabras veciñas

hialurónico hialuronidase hiato hibernación hibernante hibernar hibisco