hernia

hernia

lat hernĭa

Plural: hernias
  1. hernia da col [BOT ]

    Enfermidade principalmente das brasicáceas, producida polo fungo Plasmodiophora brassicae, que se manifesta pola aparición de vultos irregulares na raíz que conducen á morte da planta.

  2. s f [PAT ]

    Protusión dun órgano ou dunha parte del, por unha abertura natural ou accidental da parede da cavidade que o contén. Segundo a súa situación anatómica, pode ser inguinal, umbilical, epigástrica, diafragmática, de hiato ou de disco intervertebral ou discal. É reducible cando é posible facela volver á situación normal; se non, chámase irreducible.

Sinónimos