herba

herba

< lat hĕrba

Plural: herbas
    1. herba becerra/de can Antirrhinum majus

      Planta herbácea perenne, da familia das escrofulariáceas, perenne, de talos glabros inferiormente e pubescente-glandulosos na inflorescencia, follas enteiras lanceoladas, flores de cor rosácea agrupadas en acios terminais e froitos en cápsula.

    2. herba belida/de ouro Ranunculus repens

      Planta herbácea perenne, da familia das ranunculáceas, perenne, de talos reptantes con nós dos que brotan as raíces, follas basais con segmentos peciolados e flores de cor amarela brillante. É unha planta velenosa para o gando.

    3. herba da prata Ranunculus omiophyllus

      Planta herbácea da familia das ranunculáceas, cos talos rastreiros, follas con pecíolo envaiñante na base e o limbo en forma de ril, flores grandes e de cor branca e froito de tipo aquenio con pico longo.

    4. herba balestra

      lesta.

    5. herba armol

      armol.

    6. herba algodoeira

      cordeiro de praia.

    7. herba alleira

      alleira.

    8. herba da moeda/moedeira Lysimachia vulgaris

      Planta herbácea perenne, da familia das primuláceas, perenne, de talo ergueito, follas pequenas simples e opostas, e flores amarelas dispostas en panículas terminais.

    9. herba da envexa/doncela Vinca difformis

      Planta herbácea perenne, da familia das apocináceas, de talo entre ergueito e tumbado, follas ovadas, con base obtusa e opostas e flores dispostas en talos ergueitos, coa corola branquiazul en forma de tubo que se ensancha en cinco lóbulos.

    10. herba bendita/benta/dos gatos/gateira

      valeriana.

    11. herba agulla Erodium ciconium

      Planta herbácea anual, da familia das xerianáceas, de follas moi divididas, flores violáceas e froitos en esquizocarpo, prolongados por un longo pico.

    12. herba acedeira Rumex acetosa

      Planta perenne, da familia das poligonáceas, que ten as follas basais pecioladas e oblongas, e as follas apicais triangular-oblongas. As inflorescencias son laxas e presenta froito en aquenio vermello escuro.

    13. s

      Planta non lignificada ou pouco lignificada, de maneira que ten consistencia branda en todos os seus órganos.

    14. herba aáleira/abella/belleira

      abelleira.

    15. herba da disentería/das cámaras do sangue

      heliótropo.

    16. herba da cruz/do bazo/dos ensalmos Verbena officinalis

      Planta perenne, da familia das verbenáceas, de talos ergueitos de sección cuadrangular, follas opostas oblanceoladas ou rómbicas, flores pequenas de cor azul-lila pálida e froito en nácula de cor parda-avermellada.

    17. herba da becerra Polygonum maritimun

      Planta perenne, da familia das poligonáceas, de talos postrados sen follas na parte inferior, follas fortes alternas e coriáceas, flores pequenas de cor branca ou rosa e froitos en aquenio de cor negra brillante.

    18. herba da andoriña/das espullas/leiteira

      ceruda.

    19. herba da aixada/da illarga/do té/formigueira Chenopodium ambrosioides

      Planta herbácea anual ou perenne, da familia das quenopodiáceas, de talo ramudo e ergueito, follas enteiras, lanceoladas e flores solitarias ou glomeruladas en espigas con follas ou espidas.

    20. herba da fame

      Denominación xeral das malas herbas que aparecen nos cultivos, mermando a produción, como as especies Vicia hirsuta, Vicia sativa, Corema album e Oxalis violacea.

    21. herba da abella Ophrys apifera

      Planta perenne, da familia das orquidáceas, perenne, con tubérculo subgloboso, talos glabros, follas elíptico-oblongas, subagudas e flores agrupadas en espigas co labelo semellante a unha abella.

    22. herba contraveleno Vincetoxicum officinale

      Planta herbácea, da familia das asclepiadáceas, de talos volubles, follas pecioladas e flores brancas ou verdosas que constitúen unha inflorescencia en umbela.

    23. herba concheira Saponaria officinalis

      Planta perenne, da familia das cariofiláceas, de follas ovadas, flores brancas ou rosadas, agrupadas en cimas densas, e froitos capsulares oblongos.

    24. herba cinta

      alpiste acuático.

    25. herba cicutaria Anthriscus sylvestris

      Planta herbácea, da familia das apiáceas, con talo oco, follas esparexidas e flores dispostas en umbelas.

    26. herba da pedra Hypericum androsaemum

      Planta arbustiva, da familia das hipericáceas, de talo ergueito, follas ovais, opostas, sentadas e con glándulas translúcidas con aspecto de salpicaduras brancas, flores dispostas en cimas, amarelas, con cinco pétalos, estames moi numerosos e froitos en bagas vermellas e negras cando maduran.

    27. herba cheirenta

      árnica.

    28. herba centella Caltha palustris

      Planta herbácea perenne, da familia das ranunculáceas, que presenta talos ascendentes e ramallosos, follas en forma de corazón, obtusas e coa marxe festoneada, flores terminais e axilares, grandes e de cor amarela por dentro e verdosa por fóra e froitos en aquenios. É unha especie moi tóxica para o gando.

    29. herba carneira/ cepeira/da bruxa/das estacas/xiganta

      acanto.

    30. herba carmín/tintureira Phytolacca americana

      Planta herbácea perenne, da familia das fitolacáceas, que presenta follas pecioladas e ovado-lanceoladas, flores dispostas en acios brancos e froitos en baga, carnosos, dos que se obtén un colorante vermello.

    31. herba caraveleira/de san Bieto Geum urbanum

      Planta herbácea, da familia das rosáceas, perenne, provista dun rizoma groso, follas cun único nervio principal, flores de cor amarela dispostas en inflorescencia e froitos en aquenio, que se emprega como planta medicinal.

    32. herba cana/crecha

      cálsamo.

    33. herba brava

      pampillo.

    34. herba boa

      hortelá.

    35. herba da rabia Anagallis tenella

      Planta herbácea, da familia das primuláceas, perenne de talo rastreiro, flores rosas ou abrancadas.

    36. herba da raña Angelica archangelica

      Planta herbácea bienal, da familia das umbilíferas, bienal, de talo ergueito rematado en umbelas, follas grandes, pecioladas, opostas, divididas en dous ou tres folíolos dentados, flores pequenas, de cor branca, pedunculadas, distribuídas en forma de umbela, e froito composto por mericarpos. Emprégase como planta medicinal.

    37. herba da sarna/dos lazarosos Angelica sylvestris

      Planta herbácea perenne, da familia das apiáceas, de talos manchados, follas pinnadas e flores brancas ou rosáceas.

    38. herba da tiña Glaucium flavum

      Planta perenne ou bianual, da familia das papaveráceas, que presenta follas basais moi divididas e as superiores máis pequenas e abrazadoiras. As flores teñen dous sépalos libres, catro pétalos e catro estames amarelos, e o froito en casulo negro.

    39. herba da Trindade/herba trinitaria Viola tricolor

      Planta herbácea anual, da familia das violáceas, de follas verdes, longas e dentadas e flores irregulares e solitarias con cinco pétalos de cor, azul, amarela e púrpura-violeta. Presenta o froito en cápsula.

    40. herba das aceitonas

      nébeda.

    41. herba das almorrás Ranunculus ficaria

      Planta herbácea, da familia das ranunculáceas, que presenta talo tendido e pouco ramoso, raíces tuberosas, follas triangulares, acorazonadas, pouco lobadas e lustrosas e flores de cor amarela brilante.

    42. herba das anadas/do xerro

      2 aro.

    43. herba das anduriñas Spergularia media

      Planta herbácea perenne, da familia das cariofiláceas, de talos lampiños ou pubescentes, follas lineais, flores de cor branca e ápice rosado e froito en cápsula.

    44. herba das cortadelas/dos carpinteiros/da rula/dos soldados Achillea millefolium

      Planta herbácea perenne, da familia das asteráceas, con talo ergueito e ramificado, preto da inflorescencia, follas inferiores pecioladas e superiores sésiles, lanceoladas, con flores en capítulos brancos que se agrupan en corimbios terminais, e froito en aquenio.

    45. herba das doas Lithodora postrata

      Planta perenne, da familia das boraxináceas, de follas lineais a elípticas, flores en cimas densas e froito en nácula dura.

    46. herba das malladas/das brañas Nardus stricta

      Planta herbácea perenne, da familia das poáceas, de follas glaucas e flores en espiga.

    47. herba das quenturas/lista Polygonum aviculare

      Planta herbácea anual, da familia das poligonáceas, anual, de talos postrados ou ascendentes, follas lanceoladas e elípticas, flores axilares de cor rosa ou branca e froito en aquenio. Ten propiedades diuréticas.

    48. herba das tercianas

      gracíola.

    49. herba de cura

      durmideira.

    50. herba de Nosa Señora/madroa

      Planta das especies <i>Artemisia vulgaris</i> e <i>Tanacetum parthenium</i>, da familia das asteráceas. A <i>Artemisia vulgaris</i> é de talos simples, lignosos, acanalados e de cor gris, follas alternas, sésiles, desigualmente partidas e de cor verde e negra pola cara,  flores amarelas, ovoides, capitulares, veludas e en espigas piramidais. A <i>Tanacetum parthenium</i> é perenne, co talo estriado, follas alternas e capítulos en corimbo de lígulas brancas e flósculos amarelos co froito en aquenio.

    51. herba de san Lourenzo/férrea

      corocha.

    52. herba de san Pedro/do becho

      carrasca de san Xoán.

    53. herba de san Xoán/das feridas Hypericum perforatum

      Planta, da familia das clusiáceas, que presentan talos glabros e provistos de dúas liñas sobresaíntes, follas lampas e provistas de numerosas puntuacións glandulares e translúcidas e flores dispostas en ramalletes, con 5 pétalos amarelos con puntos negros.

    54. herba de santa Catalina/da triaga Veronica officinalis

      Planta herbácea, da familia das escrofulariáceas, de talo rastreiro, con follas opostas, con marxe dentado e pubescentes por ambos os lados, flores en espigas terminais, estreitas e densas, de cor azul pálida con líneas intensamente azuis, e divididas en catro lóbulos desiguais.

    55. herba de santa Cunegunda/purgueira Eupatorium cannabinum

      Planta herbácea perenne, da familia das asteráceas, perenne, con talos dereitos e avermellados, follas opostas, lobuladas, as basais pecioladas e as caulinas subsésiles, flores de cor púrpura en capítulos e froito en aquenio.

    56. herba de Santiago/do sapo Senecio jacobaea

      Planta herbácea bienal ou perenne, da familia das asteráceas, de talos ramificados na inflorescencia, follas enteiras, flores amarelas e froito en aquenio coa parte interior pubescente.

    57. herba de santo Antón Epilobium hirsutum

      Planta herbácea perenne, da familia das onagráceas, de talos dereitos, redondeados e veludos, follas, veludas, oblongo-lanceoladas e semiabrazadoiras de cor púrpura.

    58. herba do becho

      macela brava.

    59. herba do cego

      estruga.

    60. herba do coitelo Carpobrotus edulis

      Planta perenne, da familia das aizoáceas, de talo rastreiro e de base leñosa, follas de aspecto fusiforme e sección triangular, curvadas cara a arriba, aguzadas na punta e aserradas no envés, flores solitarias de cor púrpura, amarela ou alaranxada, e froito carnoso e comestible.

    61. herba do fel Centaurium erythraea

      Planta herbácea bienal, da familia das xencianáceas, de talos solitarios, follas basais elípticas e flores pentámeras xeralmente de cor rosácea.

    62. herba do ferro/das feridas Prunella vulgaris

      Planta herbácea perenne, da familia das lamiáceas, de rizomas reptantes, talos ergueitos, follas ovais e pecioladas e flores de cor azul violácea.

    63. herba do galo/pexegueira/pulgueira Polygonum persicaria

      Planta herbácea anual, da familia das poligonáceas, de talos ergueitos de cor vermella, follas lanceoladas, ás veces cunha mancha escura grande no centro, flores en espigas cilíndricas e densas, de cor rosa ou rosa abrancazada e froito en aquenio.

    64. herba do gando Helleborus foetidus

      Planta herbácea perenne, da familia das ranuláceas, perenne, que presenta talos erectos, follas caulinares coriáceas, flores de cor verde tinxidas de púrpura e froito en acio rodeado de sépalos.

    65. herba do garrotillo/paxareira/do fornigo Anagallis arvensis

      Planta herbácea anual, da familia das primuláceas, que presenta talos cadrados, follas opostas, sésiles, ovais e lanceoladas, con puntos negros no envés, flores solitarias sobre pedúnculos opostoscoa corola pequena, vermella ou azul, con lóbulos finamente dentados e froito en casulo globoso.

    66. herba do hortelán/dos namorados

      amores.

    67. herba do lagarto Sedum album

      Planta herbácea, da familia das crasuláceas, de follas planas ou cilíndricas, flores pentámeras de pétalos libres e brancos e froitos foliculares.

    68. herba do lobo Veratrum album

      Planta herbácea perenne, da familia das liliáceas, perenne, que presenta rizomas, talos foliosos, follas caulinas sentadas, flores verdosas ou algo amarelas e froito en casulo.

    69. herba do pobre/dos mendigos

      valdeba.

    70. herba do podador

      caléndula.

    71. herba do reste/dos bolos/redonda

      malvela.

    72. herba do rodicio Galium verum

      Planta herbácea perenne, da familia das rubiáceas, que presenta rizomas moi ramificados, talos ergueitos e ascendentes, follas dispostas en verticilos, flores amarelas e froitos glabros.

    73. herba dos amores

      chapizo.

    74. herba dos candís Arisarum vulgare

      Planta herbácea perenne, da familia das aráceas, de rizoma groso, follas ovadas, espata estreita, tubulosa, con bandas lonxitudinais abrancazadas ou verdes e púrpura e froito en baga.

    75. herba dos cantores Sisymbrium officinale

      Planta anual, da familia das brasicáceas, de talos ergueitos, follas pinnatisectas, flores con pétalos amarelos dispostas en acio e froito en silicua.

    76. herba dos dentes Capsella bursa-pastoris

      Planta herbácea anual ou bianual, da familia das brasicáceas, de follas basais en roseta, oblongo-lanceoladas, flores pequenas de cor branca en acio e froitos en silicua.

    77. herba dos encantos Circaea lutetiana

      Planta herbácea perenne, da familia das onagráceas, de follas opostas en forma de corazón na base, flores pequenas de cor branca ou rosada e dispostas en acios terminais sen follas.

    78. herba dos lamparóns/papeira

      brionia.

    79. herba dos lombos

      marroio.

    80. herba dos muros

      alfinete.

    81. herba dos ollos Salvia verbenaca

      Planta herbácea perenne, da familia das lamiáceas, perenne, de talos glandulares e pilosos, follas basais oblongas, dentadas ou pinnatífidas e superiores máis pequenas e sésiles e flores de cor azul ou lila en inflorescencia.

    82. herba dos ouvidos

      meimendro.

    83. herba dos peitos Lapsana communis

      Planta herbácea anual, da familia das asteráceas, de talo ergueito e ramoso, follas moi divididas e ovaladas, as inferiores cun longo pecíolo, flores en capítulos pequenos de cor amarela e froito en aquenio.

    84. herba dos pitos Aquilegia vulgaris

      Planta herbácea perenne, da familia das ranunculáceas, de talo ramificado na parte superior, follas basais tripartitas e flores de cor azul violeta ou branca.

    85. herba dos úmeros/do pobre Ranunculus flammula

      Planta herbácea perenne, da familia das ranunculáceas, que presenta rizoma, talos estriados, ergueitos, cos nós inferiores enraizantes e ramificados dicotomicamente, follas enteiras, as basais longamente pecioladas e ovadas, e as superiores sésiles e lanceoladas, flores, solitarias ou dispostas en cimas opostas, de cor  amarela e froito en aquenio.

    86. herba estoque

      gladíolo.

    87. herba estrela

      estrelamar.

    88. herba fedenta

      estramonio.

    89. herba forte Solidago virgaurea

      Planta herbácea, da familia das asteráceas, de talo ergueito, follas basais pubescentes e lanceoladas, flores de cor castaña agrupadas en capítulos terminais e froito en aquenio.

    90. herba lameira/lameiriña Callitriche stagnalis

      Planta acuática, da familia das calitricáceas, que se caracteriza por presentar talos fracos e filiformes, follas opostas e enteiras, flores axilares, sentadas, sen pétalos nin sépalos, cun estame e un ovario trilocular provisto de dous estilos e froito que presenta catro drupiñas.

    91. herba leiteiriña Euphorbia helioscopia

      Planta herbácea anual da familia das poligonáceas, que segrega látex ao ser cortada. É ergueita, cun único talo avermellado, follas dentadas, flores pequenas que se agrupan en umbelas e portan os ciatios no ápice dos raios e froitos con forma de cápsula.

    92. herba lingua

      Planta, da familia das orquidáceas, con 2 a 5 tubérculos, dos que un e sésil, e de 1 a 4 en estolóns, de ovoides a subglobosos. Os talos teñen vaíñas basais verdes, as follas son lanceoladas e brilantes e as flores están dispostas en espigas alongadas, con brácteas purpúreas.

    93. herba lombrigueira Tanacetum vulgare

      Planta herbácea perenne, da familia das asteráceas, que presenta numerosos talos ergueitos que se orixinan a partir dunha base reptante, follas pinnadas con 12 pares de folíolos lanceolados, capítulos amarelo-dourados dispostos en forma de ramallo e froito pequeno con 5 costelas. Dela extráese a esencia de tanaceto, con propiedade antihelmíntica e como contraveleno.

    94. herba luísa Lippia triphylla

      Planta arbustiva caducifolia, da familia das verbenáceas, de talos leñosos e ramificados na parte superior, follas lanceoladas, en verticilos de tres, flores pequenas, de cor branca por fóra e lila por dentro en inflorescencias paniculares terminais, e froito en drupa. Ten propiedades medicinais.

    95. herba moura Solanum nigrum

      Planta herbácea anual, da familia das solanáceas, de talo duro, lignificado, glabro e anguloso, follas ovaladas con bordos sinuosos, dentadas, veludas e pecioladas, flores brancas, pedunculadas, dispostas en acios umbeliformes, e froitos negros, en baga, que son moi tóxicos.

    96. herba namoradeira/de namorar/empreñadeira Armeria maritima

      Planta herbácea perenne, da familia das plumbagináceas, que  presenta follas en mouta basal, lineais e planas e flores de cor rosa ou blanca, dispostas en inflorescencias en glomérulo terminal rodeadas de brácteas cobreadas, prolongadas nunha vaíña e amplamente pedunculadas.

    97. herba paxareira

      muruxa.

    98. herba piñeirá/da pedra Sedum album

      Planta herbácea perenne, da familia das crusuláceas, de talos rastreiros, follas ovoides, alternas, e de cor verde e rosácea, flores pentameras, brancas, agrupadas en pequenas cimas de 2-3 brazos.

    99. herba piolleira Pedicularis sylvatica

      Planta herbácea perenne, da familia das escrofulariáceas, de talo central ergueito, follas alternas lanceoladas e flores rosáceas ou purpúreas agrupadas en acios laxos.

    100. herba roqueira Calystegia sepium

      Planta herbácea perenne, da familia das convulvaláceas, de rizoma rastreiro que dá orixe a talos gabeadores, con follas pecioladas saxitadas, flores brancas solitarias en forma de campaíña, e o froito é unha cápsula globosa.

    101. herba salgada

      salicornia.

    102. herba sardoa Ranunculus sardous

      Planta herbácea, da familia das ranunculáceas, moi velenosa, que  ten as follas lisas e brilantes e as flores pequenas con sépalos veludos.

    103. herba tolledeira

      peonía.

    104. herba triga/trigueira Holcus lanatus

      Planta herbácea perenne, da familia das poáceas, de follas planas, inflorescencia en panícula con multitude de flores de cor rosácea ou purpúrea.

    105. herba veluda Ranunculus bulbosus

      Planta herbácea, da familia das ranunculáceas, coa base engrosada cunha mouta de follas sobre raíces carnosas, follas basais pecioladas e trilobuladas, co lóbulo central cun longo pedúnculo, follas superiores sésiles e profundamente divididas en segmentos lineais, flores dispostas en inflorescencias cimosas de cor amarela brillante e froito en aquenio.

  1. s f

    Conxunto de esas plantas que nacen nun terreo.

  2. s f pl

    Conxunto de plantas herbáceas que se utilizan para elaborar infusións ou preparados.

  3. s f col

    Certo tipo de droga, como a marihuana.

Sinónimos

Citas

  • Deitouse na herba, Trouxo un feixe de herba na cabeza
  • Ferveu unhas herbas porque lle doía o estómago

Refráns

  • A lansía cocho mata e cabra cría.
  • A nocella inza moito e come a terra.
  • Ano de herba, ano de merda.
  • Ano de moita herba, ano de moita perda.
  • Ata sán Xoán toda a herba é pan.
  • En marzo sae a herba, anque lle dean cun mazo.