hemoglobina
hemoglobina
hemo- + globina
s
f
[BIOL ]
Proteína presente nos eritrocitos dos vertebrados que ten coma función fundamental o transporte de O 2 aos tecidos. A molécula de hemoglobina está constituída por catro cadeas polipeptídicas que conteñen, cada unha delas, un grupo hemo onde o átomo de Fe +2 é capaz de combinarse de forma reversible ao O 2 . É a que lle dá ao sangue a súa cor característica.