hemisferio

hemisferio

lat hemisphaerĭu gr ἡ μισφαίριον

Plural: hemisferios
    1. s [XEOG ]

      Cada unha das dúas partes da esfera terrestre separadas polo plano ficticio do ecuador: hemisferio norte ou boreal, entre o ecuador e o polo norte, e hemisferio sur ou austral, entre o ecuador e o polo sur.

    2. hemisferio celeste [ASTRON ]

      Hemisferio da esfera celeste. Os hemisferios definidos polo ecuador celeste son o hemisferio boreal ou setentrional e o hemisferio austral ou meridional; os definidos polo plano paralelo ao do horizonte son o hemisferio superior e o hemisferio inferior; e os definidos por un plano meridiano son o hemisferio oriental ou ascendente, e o hemisferio occidental ou descendente.

  1. s m [MAT ]

    Cada unha das dúas partes nas que un plano divide unha esfera que pase polo seu centro.

  2. s m [FISIOL ]

    Cada unha das dúas metades simétricas do cerebro ou do cerebelo.