harpía

harpía

lat harpya gr Ἄ ρπυια

Plural: harpías
  1. s f [MIT ]

    Cada un dos tres xenios maléficos, fillas de Taumante e da oceánide Electra que se representaban como mulleres aladas.

  2. s f fig

    Muller malvada ou de mal carácter.

  3. s f [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave, da familia dos accipítridos, coa cabeza e o pescozo gris, a parte inferior do pico, o abdome e as patas brancas, e o resto da plumaxe negra. É silvícola e aliméntase de simios, guacamaios e pequenos mamíferos.

Formas incorrectas

arpía