guacamaio

guacamaio

taíno huacamayo

Plural: guacamaios
  1. s m [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave dos xéneros Anodorhynchus e Ara, da familia dos psitácidos, que se caracteriza por presentar a cara total ou parcialmente desprovista de plumas, a cola tan longa ou máis ca o corpo, peteiro curto e forte e unha plumaxe de cores moi vistosas.

  2. guacamaio azul e amarelo [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave de cor azul turquesa no dorso e amarela-dourada no ventre. Aliméntase fundamentalmente de sementes e froitas. Son animais lonxevos que poden sobrepasar os 50 anos.

  3. guacamaio rosado [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave de cor vermella, coa parte superior das ás amarela e as plumas máis longas azuis.

  4. guacamaio verde [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave con cola longa e aguzada. É de cor verde, coas plumas máis grandes das ás de cor azul, e unha espesa banda de plumas vermellas na fronte.

  5. guacamaio xacinto/azul [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave que se caracteriza por presentar unha plumaxe púrpura azulada, un círculo amarelo ao redor do ollo e amarelo ao fondo da mandíbula.