grúa

grúa
Plural: grúas
  1. s f [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave zancuda, da familia dos grúidos, de gran tamaño, estilizado pescozo e patas longas, cabeza pequena e peteiro recto e agudo. Presentan unha plumaxe de cor gris, marrón ou branca combinada con negra. Viven en espazos descubertos en grandes grupos.

  2. grúa común [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave migratoria de plumaxe gris, cos lados da cabeza brancos e a gorxa e a noca negras. Aliméntase de peixes e réptiles.

  3. grúa damisela [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave que se distingue da común porque presenta mechas brancas detrás de cada ollo.

  4. grúa real negra [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave que se caracteriza polo penacho que presenta enriba da cabeza. A súa plumaxe é de cor negra, excepto nas ás, que son de cor amarela, e ten patas e pescozo longos. Aliméntase de insectos e outros invertebrados.

Formas incorrectas

grulla

Palabras veciñas

groufo grovense grovio grúa grúa gruar grueiro -ra