granxa

granxa

fr grange

Plural: granxas
    1. s

      Propiedade rural dedicada á explotación agrícola e gandeira e onde se encontra a vivenda, as cortes e os pendellos.

    2. granxa colectiva

      Explotación agrícola creada nos réximes socialistas mediante a expropiación ou nacionalización da propiedade privada.

    3. granxa escola [EDUC ]

      Escola ou centro educativo en que a inserción no contorno natural e agrícola, como motivo de estudo de investigación e aprendizaxe, cobra un destacado protagonismo dentro do conxunto das actividades formativas.

    4. granxas monacais [HIST ]

      Explotacións rurais dependentes dun mosteiro principal en que residía unha pequena comunidade de monxes dedicada ás tarefas agrarias. Algunhas destas granxas chegaron a ter igrexa parroquial propia en que o párroco era designado polo mosteiro.

  1. s f

    Establecemento en que se crían animais para a súa explotación comercial.

Citas

  • Compraron unha granxa na montaña
  • Ofrecéronlle un traballo nunha granxa de polos