granulación

granulación

2 granular

Plural: granulacións
  1. s f

    Acción e efecto de granular.

  2. s f [ASTRON ]

    Aspecto que presenta a fotosfera solar que, vista a través dun telescopio, está constituída por unha multitude de pequenas celas que se denominan gránulos. OBS: Tamén se denomina  granulación fotosférica.

  3. s f [MED ]

    Operación de obtención dun granulado.

  4. s f
    1. Lesión que consiste na formación de pequenas nodosidades duras e transparentes ao principio e despois opacas, que están constituídas por aglomeracións de folículos tuberculosos.

    2. Eminencia formada polos folículos da conxuntiva cando se hipertrofian.

  5. s f [TECNOL ]

    Operación de granular un metal escuro ou unha substancia pulverulenta.