grampa

grampa

xerm krappa ‘gancho’

Plural: grampas
  1. s f

    Peza de arame que ten dous extremos dobrados na mesma dirección e acabados en punta, que se cravan para suxeitar ou unir diferentes cousas, especialmente papel.

  2. s f

    Reforzo de ferro que se pon nas chedas do carro.

  3. s f [ARTE ]

    Motivo decorativo en forma de mascarón ou consola, que se labra na cara exterior da clave dun arco dunha porta ou ventá. Serve para suxeitar as molduras.

Citas

  • Tíralle as grampas aos papeis antes de levalos a fotocopiar, Puxéronlle tres grampas na ferida