gota

gota

lat gŭtta

Plural: gotas
    1. s

      Pequena cantidade dun líquido que cae formando unha masa con forma esferoide.

    2. s

      Pouca cantidade dun líquido.

    3. s

      Carencia de algo.

    4. gota a gota [MED ]

      Sistema de administración dun líquido medicamentoso, xeralmente por vía intravenosa, de xeito lento e continuado.

  1. s f [ARQUIT ]

    Elemento decorativo de forma cónica que se empregaba nos templos da Antigüidade, que imita unha gota desprendéndose e que vai colocado baixo os tríglifos do friso dórico.

  2. s f
    1. Enfermidade que se caracteriza polo depósito de cristais de urato monosódico nas articulacións, os tendóns e o tecido intersticial do ril.

    2. Diatese que se traduce ás veces en localizacións articulares.

  3. gota fría [METEOR ]

    Depresión atmosférica con efectos que se orixinan na circulación da troposfera media por mor do  aire frío que baixa rapidamente e forma na superficie un remuíño ciclónico, polo centro do cal ascende o aire quente superficial.

Sinónimos

Confrontacións

pinga, pingueira

Citas

  • Botoulle unha gota de leite ao café
  • Non lle queda nin gota de ánimo
  • Pola fronte esvarábanlle gotas de suor