gorila

gorila

lat científico Gorilla gr Γόριλλαι ‘tribo de xente peluda’

Plural: gorilas
  1. s m [ANIMAL ]

    Mamífero primate, da familia dos pónxidos, que se caracteriza por presentar orellas pequenas, nariz ancho, pelaxe escura, brazos moi robustos, pernas curtas e mans e pés pequenos. Ten unha marcha cuadrúpeda, apoiándose cos cotelos das mans no chan. Forman grupos sociais que comprenden un macho, varias femias e as crías. Aliméntanse de follas e froitos. Existen dúas subespecies; o gorila de costa (G. gorilla, subespecie gorilla) e o gorila de montaña (G. gorilla, subespecie beringei).

  2. s m col

    Persoa que ten encargada a vixilancia de locais públicos, como salas de festas, ou que fai de gardacostas dunha persoa.

Citas

  • Na festa había dous gorilas na porta que non deixaban pasar sen invitación

Palabras veciñas

gorgonia gorgueira gorida gorila gorir gorlar gorlón -na