gondi
gondi
Plural:
gondis
-
adx
Relativo ou pertencente aos gondi ou á súa lingua.
-
s
[ETN/HIST ]
Individuo do pobo gondi.
-
s
m pl
[ETN/HIST ]
Pobo da India que habita no N do Deccan, entre os estados de Andhra Pradēsh, Mahārāṣhṭra e Madhya Pradēsh. No s XVIII constituíron un pequeno e poderoso reino en Madhya Pradēsh.
-
s
m
[LING ]
Lingua drávida que fala o pobo gondi.