gobernación

gobernación

lat gubernatĭōne

Plural: gobernacións
  1. s f

    Acción de gobernar.

  2. s f
    1. Territorio rexido por un gobernador.

    2. [ADM ]

      División administrativa de Exipto e de Tunisia.

    3. [HIST ]

      Demarcación administrativa dentro dun vicerreinado ou dunha capitanía xeneral baixo o mando dun gobernador na América hispánica.

  3. s f [HIST ]

    Departamento ministerial do goberno español que estivo vixente durante o Trienio Constitucional.