glagolítico -ca
glagolítico -ca
búlgaro antigo glagolati ‘falar’
-
adx
[ESCR ]
Aplícase ao alfabeto e á escritura eslava anterior á escritura chamada, erroneamente, cirílica. Preséntase en dous estilos diferentes: o búlgaro e o ilírico ou croata.
-
misa glagolítica
[RELIX ]
Misa do rito romano pronunciada en eslavo antigo, que era propia dos católicos de Croacia.