gaznévida
gaznévida
topónimo Ghaznī
-
adx
Relativo ou pertencente á dinastía gaznévida.
-
s
[HIST ]
Membro da dinastía gaznévida.
-
s
m pl
[HIST ]
Dinastía musulmá de orixe turca, que gobernou con capital en Ghaznī (Afganistán) entre 977 e 1187. Coa invasión de Iraq e o Sindh e a anexión do Punjāb, asentou as bases para a futura penetración musulmá en India.