gateira

gateira

gato

Plural: gateiras
  1. s f

    Burato que se fai na parte baixa da porta da casa para entraren e saíren os gatos cando esta está pechada.

  2. s f

    Parte da cociña de leña onde se xunta e recolle a borralla.

  3. s f

    Apertura no valado dun prado para que entre e saia a auga.

  4. s f

    Lugar polo que rompe unha presa ou unha canle para desviar a auga a un prado ou un muíño.

  5. s f [MAR ]

    Burato feito na porta, na parede ou na cuberta dunha embarcación para o paso das amarras ou cadeas.

Sinónimos

Citas

  • A auga entra pola gateira do faio
  • A gateira atoouse polo bulleiro que se formou
  • Creo que se coou un rato pola gateira
  • Fixeron unha gateira na canle e agora a nós chéganos menos auga ca antes
  • Hai que limpar a gateira que xa está chea